ARTICULOS DE OPINION


Revista digital de arte, cultura y opinión en Alicante. Enlace con POESIA PALMERIANA. En estas páginas no podemos estar ajenos a lo que pasa en España ni en el mundo. Dirigida por el escritor, poeta y pintor Ramón PALMERAL. Los lectores deciden si este blog es bueno, malo, o merece la pena leerlo. El periodismo consiste en decir lo que a algunos no les gustaría leer.

miércoles, 5 de febrero de 2025

Exposición de dibujos de José Ángel Valencia en la Facultad de Filosofía la Universidad Santiago de Compostela, se exponer un dibujo realizado por Ramón Palmeral

         


 Retrato dibujo de plumilla y lápiz del poeta José Ángel Valente por Ramón Palmeral(2020)

 

 La Voz de Galicia me cita. Ramón Palmeral como autor de un retrato al poeta

José Ángel Valente, a través dos retratos, «amosa o interese que espertou»

Montse García Iglesias
Montse García SANTIAGO / LA VOZ

CULTURA

A mostra inaugurada este martes na Facultade de Filoloxía da USC conta con medio cento de obras.
A mostra inaugurada este martes na Facultade de Filoloxía da USC conta con medio cento de obras. Xoán A. Soler 
 

Unha exposición na Universidade de Santiago reúne pinturas e debuxos que reproducen o poeta

 

05 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A figura do poeta José Ángel Valente (Ourense, 1929-Xenebra, 2000) inspirou numerosos trazos de lapis e pincel tanto ao longo da súa vida como con posterioridade. Así queda patente na mostra «Iconografía artística de José Ángel Valente 1955-2024», inaugurada este martes na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago (USC) na que se recollen medio cento de retratos do escritor. «Revela a atención que se lle prestou nos medios de comunicación, e amosa o moito interese que espertou a súa figura», asegura Claudio Rodríguez Fer, director da cátedra que se ocupa do bardo galego.

A exposición reúne debuxos, pinturas, caricaturas e ata colaxes que reflectiron a figura de Valente ao longo de 70 anos. Así, hai desde retratos da súa xuventude, feitos por coetáneos ourensáns, ata obras recentes, como é o caso da de Baldomero Moreiras, que foi creada expresamente para este proxecto.

O percorrido comeza recompilando caricaturas e debuxos que serviron para ilustrar tanto entrevistas ao poeta como traballos que el fixo, ou doutras persoas referentes a el. Poden verse creacións de Manuel Mampaso, Gusi Bejer ou do arxentino Sciammarella. Outro dos apartados está protagonizado por obras dos anos cincuenta realizas por artistas do seu Ourense natal, como Manuel Prego de Oliver e Virxilio, do que poden verse dous retratos orixinais. Xunto a estes traballos conviven outros de Xosé Freixanes e un gravado en coiro de Ruth Fernández Fernández. Unha das vitrinas está conformada pola obra de Sara Lamas, que ilustrou unha gran cantidade de publicacións sobre o poeta. Un dos traballos desta artista é, precisamente, o cartel da mostra. «É, sen dúbida, a que máis retratos fixo de Valente», asegura Laura Paz Fentanes, comisaria deste traballo expositivo.

Non faltan tampouco carautas do artista, así como obras que se fixeron para ilustrar os seus libros. Neste apartado inclúense traballos de Ramón Pérez Carrió —caso dos gravados dunha edición de artista do poemario Tres lecciones de tinieblas—, así como de Ramón Palmeral e de Juan José Vázquez. Entre as pezas expostas chama especialmente a atención un pequeno debuxo anónimo que se exhibe por primeira vez, no que Valente está caracterizado como Snoopy. «Hai un montón de orixinais e reproducións de prensa na Cátedra Valente e aquí amósase unha parte mínima», matiza Fentanes.

Pola súa banda, o director da cátedra incidiu en que esta iniciativa vai en liña coa concepción que tiña Valente sobre a creación poética: «El cría que a poesía existía en todas as artes, non só na literatura, senón tamén na pintura, na escultura...; entón, interesáballe moito a dimensión estética, de aí que a súa cátedra sexa de poesía e estética». A exposición poderá visitarse ata o 31 de marzo.

 

Enlace a la noticia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2025/02/05/span-langglvalente-traves-dos-retratos-amosa-interese-espertouspan/0003_202502E5P32992.htm